Manda quen manda. Chegou Merkel a Madrid a venderlle ao Goberno español un “plan de competitividade” que consiste, entre outros aspectos, en desligar os aumentos salariais do IPC e limitar por lei o déficit público. É dicir, trátase de seguir a impor novos e dolorosos sacrificios que conlevan un deterioro nas condicións de vida dos cidadáns e a maximización dos beneficios empresariais.
E o malo é que este plan é asumido por gobernos “socialdemócratas” como o español fronte ao rexeitamento doutros países como Austria, Bélxica e Luxemburgo. Zapatero pasou en 48 horas de declarar que se deixara “a sindicatos y empresarios lo que corresponde a la negociación colectiva” a manifestar un “firme respaldo”, pedindo a aqueles que pacten desvincular os salarios dos prezos. Quen dá máis en menos tempo! Este cambio de opinión é indicativo da frivolidade do persoeiro e de que non ten unha concepción articulada da sociedade e da política. E menos dende unha perspectiva de esquerdas; por iso é capaz de asumir sen rigor nin rubor as políticas neoliberais que non se atreven a aplicar gobernos da dereita europea. Ou moito me equivoco ou a CEOE vai seguir a estratexia de non chegar a un acordo na negociación colectiva á espera de que o Goberno lle resolva o problema. Despois de facilitar ás empresas o descolgue dos convenios na reforma laboral, desligar os salarios do IPC e anular as cláusulas de revisión significaría un novo retroceso para os traballadores e unha concesión máis á patronal. Esta matraca de atacar un día si e outro tamén aos salarios confeso que me aburre, pero non queda máis remedio que contestala por canto estas teses están presentes nos medios. Se fora certa a relación entre salarios e competitividade, Alemaña non sería o país que máis exporta do mundo e as súas empresas terían pechado hai tempo ao pagar salarios máis elevados. A este ¬respecto lémbrome, cando na reconversión do sector naval, foi vendida a sección de motores de Barreras a unha empresa alemá. Pasados os cinco anos, que lle esixían manterse na zona, deslocalizouse a aquel país malia pagar salarios máis alto
* Xesús Díaz, ex secretario xeral do S.N. de CC.OO. de Galicia e membro de NAMENTRAS

Publicat a :http://www.namentras.org/
Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada